Libros escritos por
Os Carunchos

Os Carunchos é un grupo de música galega nacido no ano 1994 coa idea de mesturar temas cantados con pezas de gaiteiros solistas e que foi conformando un amplo repertorio no que os temas de nova creación, así como as versións musicadas de poemas referenciais da literatura galega adquiren un enorme protagonismo. Coplas vellas e novas, poemas de autores como Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Blanco Amor, Manuel María... Melodías de ritmos, tonalidades e instrumentacións variadas... Nos seus directos ofrecen unha interpretación actual da música galega sustentada na variedade de timbres e tonalidades sen esquecer nunca as orixes e sempre intentando crear un ambiente de festa en que o público se sinta partícipe. Levan publicados os seguintes traballos discográficos: «¡Ala, que vai!» (1998), ¡Sen tempo non era! (2002), «Montealegre» (2005), «En galego» (2009), «Ti que?» (2013), «Cantares» (2017), «Lingua de xigantes» (2021) e «Unha gorxa chea de paxaros» (Xerais, 2024), libro-disco de celebración do seu trixésimo aniversario no que homenaxean a Manuel María, o gran poeta chairego, reinterpretándoo dende a tradición, a música popular, e imprimíndolle o seu inconfundible selo.

9788411105170
Unha gorxa chea de paxaros
Os Carunchos
Edicións Xerais de Galicia · 04-2024 · Cartoné
Entrega en 5-7 días
Precio:
18,95 € 18,00 € (Descuento -5.0%)