Libros escritos por
Porteiro, María Xosé

María Xosé Porteiro (Madrid, 1952) é xornalista, escritora e feminista. Traballou en prensa e radio en medios como El Pueblo Gallego, Radio Popular, Tiempo, El País, The Washington Post, Tribuna Feminista e La Voz de Galicia, entre outros. Foi tenente de alcalde do Concello de Vigo (1987-1991 e 2003-2007), onde creou a primeira Concellería de Igualdade e a Casa de Acollida de Galicia, e xefa de Prensa e Relacións Públicas deste Concello (1984--2017). Entre 1989-1997 foi deputada no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados entre 2004-2007, ademais doutros cargos. Formou parte do Consello da Cultura Galega (2014-2022), onde dirixiu o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). En 2009 recibiu a Encomenda ao Mérito Civil pola súa contribución á política exterior española, e desde agosto de 2019 é adxunta á Valedora do Pobo. Das súas publicacións poden citarse o ensaio Quen é quen no primeiro parlamento galego (1981, en colaboración) e as novelas Covardes (2002), Sándalo (Galaxia, 2019) e Tabiba (2023).

9788411763561
As benfaladas
Porteiro, María Xosé
Galaxia · 01/11/2024 · Rústica
Entrega en 5-7 días
Precio:
23,40 € 22,23 € (Descuento -5.0%)