Libros escritos por
Raúl Gómez Pato

Nacín en Velle, a carón de Ourense e do Miño, no outono de 1966, en plena vendima, no seo dunha familia comerciante e un chisco nómade, porque o meu avó fora paraugueiro e, máis tarde, cando decidiu dedicarse á venda e reparación de reloxos e xoias, feirante. Inicieme na vida literaria indo polas feiras de toda Galicia acompañando o meu avó e o meu tío Miguel, e tamén, claro, na tenda de ultramarinos que posuía a familia en Velle (e que, hoxe reconvertida en bar, aínda rexenta a miña nai). Son pois, desde o principio, vendimador, feirante e camareiro, e apaixonado do futbolín e dos reloxos. Estudei Filoloxía Clásica e dei en escribir libros e traducir o que outros escribiron a esa nosa lingua tan saborosa que, cando neno, fun escoitando de feira en feira. Publiquei como poeta Choiva, vapor e velocidade (1999), A casa deshabitada da familia Pena (2001), Verba quae supersunt (2003) e Tratado de zooloxía para corazóns mancados (2009); e, como tradutor, Libellus de natura animalium (1999), Cantos e fragmentos de Safo (2008) e Unha rosa encarnada, Antoloxía de Robert Burns (2014). Gañei ademais o I Premio de Poesía Xosé María Díaz Castro co libro Máscaras de espellos (2016). Participei en varios volumes colectivos e síntome tan orgulloso disto como dos meus libros individuais, porque a miña participación sempre foi en favor de causas boas e xenerosas. Vivo de dar clases de Latín e Grego no IES de Valga, e encántame.

9788481589047
O libro que ninguén puido ler
Raúl Gómez Pato
Servizo De Publicacións Da Universidade De Vigo · 01/09/2021 · Rústica
Entrega en 5-7 días
Precio:
9,00 € 8,55 € (Descuento -5.0%)
9788494596704
Mascaras De Espellos.
Raúl Gómez Pato
Espiral Maior · 01/10/2016 · Rústica
Entrega en 5-7 días
Precio:
14,00 € 13,30 € (Descuento -5.0%)
9788491210894
Cousas de papá
Raúl Gómez Pato
Edicións Xerais · 01/09/2016 · Rústica
Entrega en 5-7 días
Precio:
18,30 € 17,38 € (Descuento -5.0%)
9788412473155
Inmortal Afrodita
Safo
Chan Da Pólvora · 01/06/2022 · Rústica
Entrega en 5-7 días
Precio:
3,00 € 2,85 € (Descuento -5.0%)
9788494810268
Sal Auga Vinagre
Raúl Gómez Pato
Medulia · 01/02/2019 · Rústica
Entrega en 5-7 días
Precio:
15,08 € 14,33 € (Descuento -5.0%)