¿Aún no tienes una cuenta? Crea una ahora y accede a tus listas favoritas, tu histórico de cuentas y muchas más cosas...
Pedidos y atención al cliente
TLF: 963 392 051 / FAX: 963 615 480
Heller Higland é un anxo da morte. Durante o verán anterior ao 11 de setembro de 2001, percorre velozmente na súa bicicleta as rúas de Nova York, unha cidade que semella se vai derreter. Heller, un adolescente maduro e consciente das inxustizas que existen no mundo, traballa ao servizo da empresa Noticias Suaves onde é o encargado de entregar as malas noticias. E faino de forma tan amable e considerada que os destinatarios das súas entregas, a maior parte emigrantes rusos, indios ou chilenos, o recoñecen como un mensaxeiro da esperanza. ?A cidade en chamas?, escrita en colaboración por Ariel Dorfman e o seu fillo, o autor teatral, Joaquín Dorfman, constitúe unha das novelas máis orixinais e exitosas para xoves das publicadas recentemente nos Estados Unidos.