Contos por palabras

Contos por palabras
Recomendar a un amigo Añadir a mis libros
No disponible


Este libro consta de oito contos. A súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. " Unha chave non é suficiente " é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que " se duplica calquera chave, con ou sen mostra " . " O caso do unicornio azul " conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada. " Vanesa e o anuncio da televisión " conta a historia dunha nai empeñada en que a súa filla sexa unha artista da televisión. " Un artista de neón " : un fabricante de rótulos luminosos teima en modifica-lo mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desatrosos. ¿ Un vampiro pode se-lo empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato " O caso do estraño empregado " ? Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. isto é o que se narra en " Ser superheroe non é doado " e " Noites de lúa chea " . " O libro das infinitas historias " , o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.

Introducir comentario
últimos libros visitados
Libros escritos por
Si no se cargan automáticamente los resultados, pulse aqui para cargar