Contra a síndrome N.N.A. (Non hai Ningunha Alternativa)

Contra a síndrome N.N.A. (Non hai Ningunha Alternativa)
Recomendar a un amigo Añadir a mis libros
No disponible


A síndrome N:N.A. vén ser a de ?Non hai Ningunha Alternativa?, a que nace da imposición nos últimos anos do que se deu en chamar ?pensamento único?, global; esa concepción do mundo, da vida, da política e da economía que nos quere convencer de que hoxe xa nos hai máis ideoloxía viable que a ideoloxía neoliberal e o sistema económico do mercado total. Como o letreiro que o Dante puxo na porta do inferno, cómpre " abandonar toda esperanza " en calquera utopía de cambio transformador, pois está de antemán condenada ao fracaso. Este libro nega radicalmente este fatalismo ancorado no medo e no desencanto paralizante propoñendo como antídoto a esperanza que nace dunha confianza radical en que a auténtica globalización é a da fraternidade e o amor solidario. Para o autor, o crego Victorino Pérez Prieto, só hai alternativa para un mundo insolidario e egoísta coma o que vivimos estando a carón da xente, acollendo a súa sabedoría, reelaborándoa persoalmente e sendo capaz de apuntar cara o futuro, con idealismo ou pesimismo, mais con esperanza. O libro, froito de quince anos de escrita, recolle textos reelaborados a partir dos publicados inicialmente en ?Diario de Ferrol?, ?A Nosa Terra?, ?Encrucillada?, ?Irimia?, ?El Progreso?, ?Terra e Tempo? e ?Tempos Novos?. Organizados en seis capítulos. I. A carón da xente; II. Persoeiros e amigos, III. Un mundo entre a vida e a morte; IV. Xesús de Nazaret e a relixión; V. A Igrexa e as igrexas e VI. Curas e bispos. Un libro, pois, no que o autor aposta con valentía pola utopía e a esperanza do Reino de Deus que anunciou Xesús de Nazaret, presente noutros proxectos de liberación non relixiosos, mais para el non menos crentes.

Introducir comentario
últimos libros visitados
Libros escritos por
Si no se cargan automáticamente los resultados, pulse aqui para cargar