Desbaratos

Desbaratos
Recomendar a un amigo Añadir a mis libros
En papel:
Entrega en 5-7 días
13,22 € 12,56 € (Descuento -5.0%)
Consultar disponibilidad en tiendas


Son trece as pezas de Llorenç Villalonga (1897-1980) que, baixo o título de Desbarats, se editaron conxuntamente en 1965 en Ciutat de Palma. Da primeira parte seleccionamos aquelas pezas (A marquesa disponse a ir ao teatro,A visita da Infanta, Economía en 1940 e Estiveron moi perto) que, pensamos, son máis doadamente representábeis sen por iso deixaren de ser ilustrativas do xénero que nace e morre en Villalonga. Da segunda parte, ao estar xa traducida ao galego A Tuta e a Ramoneta, presentamos aquela que mellor parodia o teatro do absurdo: Alta e Benemérita Señora. Á pregunta de como definiría este tipo de teatro de que a revista Prímer Acto publicaba en 1969 varias pezas -¿Teatro do absurdo? ¿Humor negro? ¿Esperpento? ¿Crítica sutil da sociedade?-, o invulgar e voltaireano autor da novela Mort de Dama respondeu: "Defínoo como un ´desbarato´, consoante ao título do volume. Non era a miña idea facer metafísica. Ora ben, polo mesmo que non tentei sentar ningunha tese nin xulgar ningunha das miñas personaxes, que son como as fixo Deus, ou o Diabo (punto difícil de aclarar), o lector estará no seu dereito de tirar delas cantas teses Ile parezan".

Introducir comentario
últimos libros visitados
Libros escritos por
Si no se cargan automáticamente los resultados, pulse aqui para cargar