Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado

Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado
Recomendar a un amigo Añadir a mis libros
No disponible


Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado a traxicomedia de Roberto Salgueiro González foi merecedora do Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro 2000. Bernardo, fillo do señor de Terzi, pretende determinar a lonxitude, capacidade e masa do amor; a preocupación central do seu pensamento. Coñecedor profundo dos tratados do amor cortés, nunca experimentou ese curioso sentimento que o leva a ruar pola Verona do Renacemento co desexo de poñer fin a súa procura desesperada. A doncela Eliana, a filla de Rucellai, encar-ga a experta Rosalía o arranxo do seu xardín do Príncipe co desexo de seducir a Bernardo, o seu amor idolatrado. A ardente Eliana pretende aprender a palabra exacta para falar con Bernardo lendo os versos clásicos de Virxilio, Cátulo, anque prefire as historias do seu contemporáneo Bocaccio. Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado é unha divertidísima traxicomedia de amores ridículos; unha irónica reflexión sobre os límites entre o amor literario, ideal e perfecto, e o amor mundano que acalma a ardentía voraz dos corpos. O amor é un asunto divertido que ocupa bibliotecas, materia poética que arriquece literaturas.

Introducir comentario
Libros escritos por
Si no se cargan automáticamente los resultados, pulse aqui para cargar