Historia da Literatura Galega I

Historia da Literatura Galega I
Recomendar a un amigo Añadir a mis libros
En papel:
Entrega en 5-7 días
25,00 € 23,75 € (Descuento -5.0%)
Consultar disponibilidad en tiendas


Coa presente Historia da Literatura Galega, da que este é o primeiro volume dos catro que conformarán a obra, preténdese configurar un relato coherente e eficaz da produción literaria de noso dende a Idade Media até a actualidade da man de Xosé Ramón Pena, un autor de indubidable prestixio no eido da historia da literatura e en permanente diálogo crítico coas diferentes perspectivas da análise investigadora. Entender os textos literarios como un proceso artístico e comunicativo e, en consecuencia, analizar aqueles recursos retóricos dos que se serviron os seus creadores; comprender a literatura como unha herdanza e examinar as circunstancias sociais e políticas que rodean o nacemento, desenvolvemento e recepción das obras; considerar a propia traxectoria das creacións literarias en relación co devir da ferramenta lingüística que lles dá soporte: velaí a arela que guía as páxinas deste primeiro volume da Historia da Literatura Galega. Un tomo, Das orixes a 1853, dedicado ao longo período que vai desde o medievo, coa brillante etapa dos trobadores, pasando polo tempo dos denominados Séculos Escuros, para finalizar no ano de publicación d?A Gaita Gallega de Xoán Manuel Pintos, nos inicios do Rexurdimento.

Introducir comentario
últimos libros visitados
Libros escritos por
Si no se cargan automáticamente los resultados, pulse aqui para cargar