¿Aún no tienes una cuenta? Crea una ahora y accede a tus listas favoritas, tu histórico de cuentas y muchas más cosas...
Pedidos y atención al cliente
TLF: 963 392 051 / FAX: 963 615 480
En papel: Entrega en 5-7 días |
|
|
Consultar disponibilidad en tiendas
Consultar disponibilidad en tiendasLos plazos estimados son para pedidos realizados antes de las 14:00h del viernes (salvo error o situaciones especiales: festivos, inventarios,etc).
|
Non nacemos para coidar é un libro colectivo e interdisciplinar que percorre os conceptos e as realidades poliédricas dos coidados desde unha perspectiva de xénero. os e as autoras de diversas especialidades (a pre-historia, o dereito laboral, a socioloxía, a economía, o traballo social) van desgranando a situación sobre todo das traballadoras domésticas e de coidados. somos herdeiras neste libro do camiño aberto polo movemento feminista dos anos 1970, que puxo sobre a mesa que nunca imos mudar a desigualdade existente entre homes e mulleres no eido público até que non consigamos maiores cotas de igualdade dentro dos fogares (e sobre todo, nos coidados). as mulleres somos maioría nos empregos a tempo parcial ?en galiza, o 74,6% son de mulleres?, e tamén somos ampla maioría na petición de permisos de coidado. as mulleres inmigrantes ocupan moitos traballos de coidados, vivindo ademáis nunha ?cadea global dos coidados? que as conecta cos seus países de orixe. temos dous sistemas (o capitalismo e máis o patriarcado) que ben entrelazados desprezan o sostemento da(s) vida(s). poñer os coidados no centro é unha ferramenta multiplicadora para acadar a igualdade. supón falar do noso dereito ao auto-coidado, do reparto igualitario do traballo dentro do fogar, da esixencia de dereitos laborais das empregadas do fogar, etc. non nacimos para coidar entra a fondo nestes debates, apostando por unha dignificación das súas condicións laborais, fronte a unha (perigosa) ?ética reaccionaria dos coidados? que supostamente valora o traballo que as mulleres facemos, mais pasando por unha renuncia do noso propio benestar para servir a outros, ese ?ser-para-outros? perverso do que xa nos advertira simone de beauvoir en 1949.