O visitador do preso

O visitador do preso
Recomendar a un amigo Añadir a mis libros
En papel:
Entrega en 5-7 días
10,00 € 9,50 € (Descuento -5.0%)
Consultar disponibilidad en tiendas


Concepción Arenal dedicou boa parte dun inesgotable activismo social e intelectual ao estudo crítico da realidade penal española. Serviuse da experiencia acumulada do desempeño dos cargos oficiais de visitadora de cárceres de mulleres da Coruña (1863) e inspectora de casas de correción de mujeres (1868-1873) e, sobre todo, do seu talento, sensibilidade e intuición para a redacción de obra que a sitúan nun posto de gran relevancia nos estudos penais europeos: Cartas a los delincuentes (1865), Estudios penitenciarios (1877), O visitador do preso (1893) é unha das obras de referencia para o estudo das ideas centrais do seu pensamento penal. Para Arenal, a sanción penal é un instrumento de expiación, de intimidación, de afirmación da xustiza e de moralización e educación. Nos vinte e un capítulos d?Ovisitador do preso, aborda o conceptos de delito, delincuente, arrepentimento e emenda e examina as virtudes e condición que debe reunir o visitador de prisións, a finalidade das súas visitas, a linguaxe que debe empregar, o tratamento dos presos segundo o xénero e a idade, todo co pano de fondo da situación en que, mediando o século XIX, se atopaban os cárceres españois, inimaxinable para os cidadáns de hoxe. Socióloga e investigadora social, valente e adiantada ao seu tempo, partidaria dun sistema penal moderno que fixese posible a correción do penado, as aspiracións reformistas de Arenal materializaranse coa chegada da segunda República.

Introducir comentario
últimos libros visitados
Libros escritos por
Si no se cargan automáticamente los resultados, pulse aqui para cargar