¿Aún no tienes una cuenta? Crea una ahora y accede a tus listas favoritas, tu histórico de cuentas y muchas más cosas...
Pedidos y atención al cliente
TLF: 963 392 051 / FAX: 963 615 480
En papel: Entrega en 5-7 días |
|
|
Consultar disponibilidad en tiendas
Consultar disponibilidad en tiendasLos plazos estimados son para pedidos realizados antes de las 14:00h del viernes (salvo error o situaciones especiales: festivos, inventarios,etc).
|
O río Sarela representa -cos seus pouco máis de dez quilómetros de camiño dende o seu nacemento preto de Pardaces ata a desembocadura no río Sar en Vidán- unha parte fundamental da personalidade, e da historia, de Santiago de Compostela. Non obstante, as súas poéticas augas e a súa riquísima contorna seguen a ser hoxe unhas grandes descoñecidas. Por esta razón, a presente obra será todo un descubrimento. Poderemos gozar dun patrimonio histórico que nos sorprenderá dende o inicio: como os esquecidos petróglifos, ou pontes tan singulares como a dos Tres Ollos ou a da Burata, a historia das lavandeiras ou as 17 fontes e ata 50 muíños rexistrados no seu percorrido. A carón disto, a riqueza natural, a flora e a fauna, pois o Sarela agasállanos con verdadeiros bosques de ribeira que acollen un ecosistema natural único. Esta paisaxe complétase coa singular historia industrial do río. Durante o século XIX, arredor das súas augas funcionaron ata 15 fábricas de curtidos, nun tempo no que Compostela chegou a ser a capital da industria do coiro en España. Toda esta documentación preséntase dun xeito áxil e didáctico, enriquecida con máis de 100 imaxes e ilustracións -actuais e históricas-, ademais dun detallado mapa que nos permite situar todos eses lugares citados e camiñar, guía en man, por unha 'nova' Compostela fluvial.