Tes cinco minutos #1


Autor/es: Varios
Tes cinco minutos #1
Recomendar a un amigo Añadir a mis libros
En papel:
Entrega en 5-7 días
14,75 € 14,01 € (Descuento -5.0%)
Consultar disponibilidad en tiendas


Ao longo das sesións da Escola de Letras, que botamos a andar a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, nas aulas, escoitouse moitas veces esa expresión de ?tedes cinco minutos?, para que as e os alumnos soubesen que ese era o tempo que tiñan para desenvolver unha proposta literaria. Foi divertido e estresante. En todo caso, un pracer dinámico. Ao final non eran cinco minutos? pero era divertido dicilo e que servise para botar a imaxinación a andar. O libro que tes nas mans é o resultado dun ano de traballo das alumnas e alumnos do primeiro curso da Escola de Letras que se desenvolveu nas cidades de Vigo e Pontevedra durante o estraño e pandémico ano 2020. Comezamos presencialmente pero rematamos coas pantallas. En todo caso, a literatura seguiu, na forma que fose. Abeirados ás súas profesoras e profesores traballaron intensamente para tentar saber cal é a arquitectura interna dos soños, iso que moitos chaman Literatura. Agora, ofrecémosche o resultado para que ti confirmes o talento, enorme, deste mollo de escritoras e escritores que están chamados a facer grandes cousas entre as letras de nós.

Introducir comentario
últimos libros visitados
Libros escritos por
Si no se cargan automáticamente los resultados, pulse aqui para cargar